Inicio

Programa de Doutoramento en Ciencia e tecnoloxía de coloides e interfaces

 
 
 

 

O Doutoramento en “Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfaces” é un programa propio da Universidade de Vigo, adscrito á Facultade de Química, que se realiza en colaboración co Centro de investigación cooperativa en Biomateriales (CIC biomaGUNE) de San Sebastian. O obxecto desta colaboración é profundar no coñecemento dalgúns aspectos da nanociencia nos que os investigadores da Uvigo e do CIC biomaGUNE realizan investigacións complementarias.

A ciencia dos Coloides e das Interfases formou parte tradicionalmente da Química Física. Con todo, nos últimos anos e debido principalmente ás aplicacións dos distintos tipos de sistemas coloidais desenvolveuse como unha área propia, sendo na actualidade unha das liñas de investigación máis prolífera dentro de áreas aparentemente dispares como Química, Física, Bioquímica ou Biotecnoloxía.